18 AGOSTO 2012
PRESENTACIÓN
Preséntovos unha proba para
os amantes da natureza. Terá lugar o 18
de agosto de 2012 coincidindo co patrón da nosa aldea, San Bartolomeu.
A súa beleza foi o que me tentou para
organizala, ademais das miñas raíces nese mundo rural.
Nun medio natural, coido
que inigualable, poderedes vivir unha xornada de deporte, de observación da
paisaxe, de construcións típicas, etc.
Poderedes elixir entre
dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non haberá
clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON COMPETITIVA, ABERTAMENTE
POPULAR na que cada un tentará de superarse asímesmo nun percorrido de baixa
montaña, de dificultade media no que tan só, dos 17.5 km . de carreira ou 16.3 km da andaina que a compoñen , aproximadamente 3 km son de pistas asfaltadas, os quilómetros restantes
transcorren por sendeiros e camiños de monte. A saída e chegada será na antiga
escola, no lugar da Torre .
A organización NON SE FARÁ
RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia a participación nesta
proba, iso si, axundarémosvos en todo momento.
Ao final da proba teredes
cadanseu recordo e cadansúa bolsa de picnic.
Tódalas condicións da
proba véñenvos de seguido.
Un saúdo e agardo vervos.
O Organizador
Manuel Bouza
REGULAMENTO
1.- Inscrición:
A participación será GRATUÍTA. Mandarase, preferentemente,
a ficha de inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com como data tope o 14 de agosto. No seu
defecto, mandarase un documento Word cos datos que aparecen na ficha.
Asemade, de maneira presencial,
poderase facer na tenda DÉCIMAS (C.C. Alcampo-Ferrol)
Confirmarase a inscrición ao través
dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo
de inscrición abranguerá desde o 15 de xuño ata o 14 de agosto.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Máximo de participantes: 160
entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición. Sendo un máximo de 40
prazas para os corredores.
Só maiores de 18 anos.
Os menores terán que
participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.- Horarios:
Será preciso recoller o
dorsal ata media hora antes de cada proba.
Andaina.- 10 horas
Carreira.- 11 horas
Pecharase o control da
proba ás 14.30 horas.
Haberá un punto de control de paso que será respectado
polos participantes.
3.- Abandonos:
Aquelas persoas que
decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou
avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á
liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar nos
lugares indicados no traxecto coas letras A (km 4.8) , B (km 6.8) ou C (km 8.2).
Desde estes puntos iremos directamente á liña de saída
4.- Avituallamento:
Haberá un punto
de avituallamento líquido e de froita. Alí estará posto o control de paso.
5.- Recomendacións:
Aconséllase
levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos…
Unha gorra,
protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes
dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.
6.- Unha vez que
se chega á meta, despois de pasar
polo control de chegada, cada participante terá unha bolsa de picnic e un
recordo da proba.
PRÉGASE:
Non tirar lixo no recorrido
da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
RESPETADE O MEDIO
Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o
presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral
que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal.
I I I ROTEIRO
DE SAN BARTOLOMEU
Nome……………………………………………………………………..
Apelidos………………………………………………………………….
Enderezo…………………………………..Poboación………………….
Data de nacemento………………………..
Teléfono………………………mail……………………………………..
Andaina.- Carreira.-
Poñer unha cruz diante da opción
elixida para participar
Menor ao meu cargo Nome……………………………………………………………………… Apelidos……………………………………………………………………
Data de
nacemento…………………………………….
Declaro estar na condición física axeitada para
completar a proba, librando de calquera responsabilidade civil ou penal á
organización
Como chegar ?
1.- Desde o concello de As
Pontes.
Dirección A Capela.. Nas Neves,
en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha
vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas
curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.
2.- Desde Ferrolterra. ( O
traxecto máis recomendable)
Chegar ata Pontedeume
3.- Desde autoestrada AP-9,
A-6
Ata Pontedeume. Aquí tomamos
dirección Monfero. A uns
4.- Pola N- 651
Dirección Pontedeume.
Recomendacións
Para durmir
Hoteis en Pontedeume
Camping en Queixeiro ( Lugar
O Redondo) a uns
Casa Rural Piñeiro a
Para xantar
Casa Capellán a uns
|