viernes, 10 de julio de 2020

XI ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU CANCELADO

XI ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU

CANCELADO

Era unha noticia que nunca vos quixera comunicar.
Visto o camiño que está tomando a situación sanitaria que, no canto de mellorar, empeora e abondo, decido CANCELAR a edición deste ano do Roteiro.
O meu obxectivo como persoa que, sabedes vos aprecia, é tentar de mirar pola saúde de toda a Familia do Roteiro. Nestes intres é a palabra máxica que moitos non saben aprezar. SAÚDE
É por iso, por responsabilidade e respecto cara a vós, que tomo esta tristeira decisión xa que a miña aldea sen vós, no mes de agosto, non será igual estará apagada, sen o colorido que lle dades, sen a vida que durante unhas horas lle inxectades. Pero non vos preocupedes, a miña aldea agardará por vós e daravos a benvida como só ela sabe, agradecéndovolo.
Vémonos o primeiro sábado de agosto do 2021.
APERTAS.


FACÉDEME O FAVOR DE COIDARVOS!!!!!!!

lunes, 29 de junio de 2020

COMO CHEGAR?


Como chegar ?   Torre de  San Bartolomé

Coordenadas:  43º24´05.9” N   8º02´00.3” W

1.- Desde o concello de As Pontes.
                Dirección A Capela.. Nas Neves, en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.

2.- Desde Ferrolterra. (O traxecto máis recomendable)
                 Chegar ata Pontedeume
              
3.- Desde autoestrada AP-9, A-6
                Ata Pontedeume. Aquí tomamos dirección Monfero. A uns 12 km. (Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete 6 km.)
        Pola A-6 tamén podedes usar a saída .de Montesalgueiro, dirección Irixoa

4.- Pola N- 651
                 Dirección Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete  6 km.)

Recomendacións
Para durmir
Camping “Fragadeume” (Lugar O Redondo) a uns 3 km da saída. Tfn.981195130
Casa Rural Piñeiro a 1 km da saída   tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns  6 Km. tfn.981 793830


domingo, 28 de junio de 2020

XI ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU

REGULAMENTO XI ROTEIRO 1 agosto 2020

1.- INSCRICIÓN:
    
A participación será GRATUÍTA. 
Mandarase a ficha de inscrición que aparece no blog  http://www.roteirodesanbartolomeu.blogspot.com/ debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com
Confirmarase a inscrición ao través dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo de inscrición abranguerá desde o 3 de xullo  ata o 28 de xullo.  
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Número máximo de participantes: 200 entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición.
Só maiores de 18 anos. Os menores terán que participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.

2.- HORARIOS:

Será preciso recoller o dorsal ata media hora antes de cada proba.

Carreira.-  9:15 horas.               Distancia.-17 km.

Andaina.-  9:30 horas               2 Distancias: 12 e 17 km.

Pecharase o control da proba ás 14 horas. Haberá un punto de control de paso que será obrigatoriamente respectado polos participantes, no km 8,5.

3.-  SAÍDAS:

Faranse por grupos de entre 15 ou 20 persoas, agrupadas segundo o seu ritmo de carreira ou andaina. As saídas terán lugar a intervalos de 3 minutos entre grupo e grupo.

4.- ABANDONOS:

Aquelas persoas que decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar no km4.8(avituallamento),km 7.2 (hai xente da Organización)  ou  km 8.5 (control de paso). Ademais poderase agardar pola persoa que pecha a andaina ou chamando directamente ao teléfono de urxencias da proba. Desde os puntos nomeados con anterioridade,  regresaremos directamente á liña de saída.

5.- APROVISIONAMENTO:

Haberá dous puntos de aprovisionamento líquido, no km.5 e outro no km.13, ademais do final.

6.- RECOMENDACIÓNS:

Será obrigatorio o uso da máscara mentres non se dea a saída. Asemade gardarase a distancia social entre os participantes.
Aconséllase levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos, unha gorra, protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.

7.-  CHEGADA Á META

Despois de pasar polo control de chegada, cada participante recollerá a súa bolsa, volveremos ao uso da máscara obrigatorio e á distancia social.

8.- APARCADOIRO

Estará debidamente sinalizado. Non aparcaremos ás beiras dos camiños.

9.- RESPECTO AO ENTORNO

Prégase non tirar lixo no percorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
                         
                        

Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal. Polas características do Roteiro NON HAI SEGUR

viernes, 14 de junio de 2019

X ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU-Ficha de inscrición

https://www.dropbox.com/s/48uq8r1c5f91qpc/San%20Bartolom%C3%A9%20Folla%20inscrici%C3%B3n.doc?dl=0

X ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU


PRESENTACIÓN

Preséntovos unha proba para os amantes da natureza. Terá lugar o 3 de agosto de 2019.
A beleza das paraxes foi o que me tentou para organizala, ademais das miñas raíces na fermosa aldea de San Bartolomeu.
Poderedes vivir unha xornada de deporte, de observación da paisaxe, de construcións típicas, etc. Tentamos recuperar camiños vellos e o contacto directo coas xentes dos lugares por onde pasamos.
Poderedes elixir entre dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non haberá clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON COMPETITIVA, ABERTAMENTE POPULAR na que cada un tentará de superarse a el mesmo nun percorrido de baixa montaña, pero de dificultade media no que tan só, aproximadamente 3 km son de pistas asfaltadas, os quilómetros restantes transcorren por sendeiros e camiños de monte. A saída e chegada será na antiga escola, no lugar da Torre de San Bartolomeu .
A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia a participación nesta proba, iso si, axundarémosvos en todo momento.
Ao final da proba teredes cadanseu recordo e cadansúa bolsa de avituallamento.
Tódalas condicións da proba véñenvos de seguido.

Un saúdo e agardo vervos.



O Organizador

Manuel Bouza




REGULAMENTO: 3 agosto 2019

1.- Inscrición:
A participación será GRATUÍTA. Mandarase, preferentemente, a ficha de inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com.. No seu defecto, mandarase un documento Word cos datos que aparecen na ficha.
Confirmarase a inscrición ao través dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.

O prazo de inscrición abranguerá desde o 24 de xuño ata o 
30de xullo.

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Máximo de participantes: 200 entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición. Sendo un máximo de 60 prazas para os corredores.
Só maiores de 18 anos.
Os menores terán que participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.- Horarios:

Será preciso recoller o dorsal ata media hora antes de cada proba.

Andaina.- 9:30 horas. Distancias 17 km.

Carreira.- 10:30 horas

Pecharase o control da proba ás 14 horas.
Haberá un punto de control de paso que será obrigatoriamente respectado polos participantes, no km.8.5
3.- Abandonos:
Aquelas persoas que decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar no km4.8(avituallamento),km 7.2 (hai xente da Organización) ou km 8.5 (control de paso). Tamén se poderá agardar pola persoa que pecha a andaina ou chamando directamente ao teléfono de urxencias da proba. Desde os puntos nomeados con anterioridade, voltaremos directamente á liña de saída
4.- Avituallamento:
Haberá dous puntos de avituallamento, un líquido con froita (km.5) e outro líquido (km.13) ademais do final.
5.- Recomendacións:
Aconséllase levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos, unha gorra, protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.
6.- Unha vez que se chega á meta, despois de pasar polo control de chegada, cada participante terá un agasallo da proba.
7.- Haberá dous aparcadoiros debidamente sinalizados. Non aparcaremos ás beiras dos camiños.
PRÉGASE:
Non tirar lixo no percorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
RESPETADE O MEDIO

Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal. Polas características do Roteiro NON HAI SEGURO.


Como chegar ?



Coordenadas: 43º24´05.9” N 8º02´00.3” W

1.- Desde o concello de As Pontes.
Dirección A Capela.. Nas Neves, en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.

2.- Desde Ferrolterra. (O traxecto máis recomendable)
Chegar ata Pontedeume
3.- Desde autoestrada AP-9, A-6
Ata Pontedeume. Aquí tomamos dirección Monfero. A uns 12 km. (Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete 6 km.)

4.- Pola N- 651
Dirección Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete 6 km.)

Recomendacións
Para durmir
Camping “Fragadeume” (Lugar O Redondo) a uns 3 km da saída. Tfn.981195130
Casa Rural Piñeiro a 1 km da saída tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns 6 Km. tfn.981 793830




viernes, 20 de julio de 2018

PRAZAS ESGOTADAS

Como cada ano, darvos as grazas polo voso interese.
Ata o día 1 de agosto estará aberta unha lista de espera. Irei avisando persoalmente ás persoas que vaian tendo oco.
Unha aperta