REGULAMENTO XI ROTEIRO 1 agosto 2020
1.- INSCRICIÓN:
A participación será GRATUÍTA.
Mandarase a ficha de inscrición que
aparece no blog http://www.roteirodesanbartolomeu.blogspot.com/
debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com
Confirmarase a inscrición ao través dun correo
electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo de inscrición abranguerá desde o 3 de xullo ata o 28 de xullo.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Número máximo de participantes: 200 entre as dúas
disciplinas por orde estrita de inscrición.
Só maiores de 18 anos. Os menores terán que participar
con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.-
HORARIOS:
Será
preciso recoller o dorsal ata media hora antes de cada proba.
Carreira.-
9:15 horas. Distancia.-17 km.
Andaina.-
9:30 horas 2 Distancias: 12
e 17 km.
Pecharase
o control da proba ás 14 horas. Haberá un punto de control de paso que será
obrigatoriamente respectado polos participantes, no km 8,5.
3.-
SAÍDAS:
Faranse por grupos de entre 15 ou 20
persoas, agrupadas segundo o seu ritmo de carreira ou andaina. As saídas terán
lugar a intervalos de 3 minutos entre grupo e grupo.
4.- ABANDONOS:
Aquelas persoas que decidan abandonar, dirixiranse,
obrigatoriamente, ao persoal da organización ou avisarán nos puntos de control
para que desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar no km4.8(avituallamento),km
7.2 (hai xente da Organización) ou km 8.5 (control de paso). Ademais poderase
agardar pola persoa que pecha a andaina ou chamando directamente ao teléfono de
urxencias da proba. Desde os puntos nomeados con anterioridade, regresaremos directamente á liña de saída.
5.- APROVISIONAMENTO:
Haberá dous puntos de aprovisionamento líquido, no
km.5 e outro no km.13, ademais do final.
6.- RECOMENDACIÓNS:
Será
obrigatorio o uso da máscara mentres non se dea a saída. Asemade gardarase a
distancia social entre os participantes.
Aconséllase levar teléfono móbil e unha
mochila pequena con líquidos, alimentos, unha gorra, protección para o sol e
calzado cómodo e usado.
Disporedes dun número de teléfono para solicitar axuda
durante o percorrido.
7.-
CHEGADA
Á META
Despois de
pasar polo control de chegada, cada participante recollerá a súa bolsa, volveremos
ao uso da máscara obrigatorio e á distancia social.
8.- APARCADOIRO
Estará debidamente sinalizado. Non aparcaremos ás
beiras dos camiños.
9.- RESPECTO AO ENTORNO
Prégase non
tirar lixo no percorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de
control.
No hay comentarios:
Publicar un comentario