lunes, 29 de junio de 2020

COMO CHEGAR?


Como chegar ?   Torre de  San Bartolomé

Coordenadas:  43º24´05.9” N   8º02´00.3” W

1.- Desde o concello de As Pontes.
                Dirección A Capela.. Nas Neves, en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.

2.- Desde Ferrolterra. (O traxecto máis recomendable)
                 Chegar ata Pontedeume
              
3.- Desde autoestrada AP-9, A-6
                Ata Pontedeume. Aquí tomamos dirección Monfero. A uns 12 km. (Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete 6 km.)
        Pola A-6 tamén podedes usar a saída .de Montesalgueiro, dirección Irixoa

4.- Pola N- 651
                 Dirección Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete  6 km.)

Recomendacións
Para durmir
Camping “Fragadeume” (Lugar O Redondo) a uns 3 km da saída. Tfn.981195130
Casa Rural Piñeiro a 1 km da saída   tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns  6 Km. tfn.981 793830


domingo, 28 de junio de 2020

XI ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU

REGULAMENTO XI ROTEIRO 1 agosto 2020

1.- INSCRICIÓN:
    
A participación será GRATUÍTA. 
Mandarase a ficha de inscrición que aparece no blog  http://www.roteirodesanbartolomeu.blogspot.com/ debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com
Confirmarase a inscrición ao través dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo de inscrición abranguerá desde o 3 de xullo  ata o 28 de xullo.  
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Número máximo de participantes: 200 entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición.
Só maiores de 18 anos. Os menores terán que participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.

2.- HORARIOS:

Será preciso recoller o dorsal ata media hora antes de cada proba.

Carreira.-  9:15 horas.               Distancia.-17 km.

Andaina.-  9:30 horas               2 Distancias: 12 e 17 km.

Pecharase o control da proba ás 14 horas. Haberá un punto de control de paso que será obrigatoriamente respectado polos participantes, no km 8,5.

3.-  SAÍDAS:

Faranse por grupos de entre 15 ou 20 persoas, agrupadas segundo o seu ritmo de carreira ou andaina. As saídas terán lugar a intervalos de 3 minutos entre grupo e grupo.

4.- ABANDONOS:

Aquelas persoas que decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar no km4.8(avituallamento),km 7.2 (hai xente da Organización)  ou  km 8.5 (control de paso). Ademais poderase agardar pola persoa que pecha a andaina ou chamando directamente ao teléfono de urxencias da proba. Desde os puntos nomeados con anterioridade,  regresaremos directamente á liña de saída.

5.- APROVISIONAMENTO:

Haberá dous puntos de aprovisionamento líquido, no km.5 e outro no km.13, ademais do final.

6.- RECOMENDACIÓNS:

Será obrigatorio o uso da máscara mentres non se dea a saída. Asemade gardarase a distancia social entre os participantes.
Aconséllase levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos, unha gorra, protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.

7.-  CHEGADA Á META

Despois de pasar polo control de chegada, cada participante recollerá a súa bolsa, volveremos ao uso da máscara obrigatorio e á distancia social.

8.- APARCADOIRO

Estará debidamente sinalizado. Non aparcaremos ás beiras dos camiños.

9.- RESPECTO AO ENTORNO

Prégase non tirar lixo no percorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
                         
                        

Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal. Polas características do Roteiro NON HAI SEGUR