viernes, 10 de julio de 2020

XI ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU CANCELADO

XI ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU

CANCELADO

Era unha noticia que nunca vos quixera comunicar.
Visto o camiño que está tomando a situación sanitaria que, no canto de mellorar, empeora e abondo, decido CANCELAR a edición deste ano do Roteiro.
O meu obxectivo como persoa que, sabedes vos aprecia, é tentar de mirar pola saúde de toda a Familia do Roteiro. Nestes intres é a palabra máxica que moitos non saben aprezar. SAÚDE
É por iso, por responsabilidade e respecto cara a vós, que tomo esta tristeira decisión xa que a miña aldea sen vós, no mes de agosto, non será igual estará apagada, sen o colorido que lle dades, sen a vida que durante unhas horas lle inxectades. Pero non vos preocupedes, a miña aldea agardará por vós e daravos a benvida como só ela sabe, agradecéndovolo.
Vémonos o primeiro sábado de agosto do 2021.
APERTAS.


FACÉDEME O FAVOR DE COIDARVOS!!!!!!!