GRACIAS UN ANO MÁIS
A familia do Roteiro vai medrando. No día de hoxe xa se completaron as prazas tamén na andaina.
A todos os que visitaredes a miña aldea o día 9, moitas grazas pola vosa confianza e que teñades boa viaxe. Tentarei non defraudarvos. Aos que este ano, por calquera circusntacia, non podedes vir, sabedes que sempre vos recordarei.
Unha aperta para todos.
Manuel Bouza
viernes, 1 de agosto de 2014
domingo, 6 de julio de 2014
NÚMERO DE PARTICIPANTES NA CARREIRA
A día de hoxe quedou cuberto o número de inscritos na especialidade de carrerira. A partires de agora abro lista de espera agardando que alguén con dorsal xa non poida ir o día da proba e mo devolva.
Na especialidade de ANDAINA aínda quedan PRAZAS LIBRES.
Grazas a todos pola vosa confianza.
Manuel Bouza
Na especialidade de ANDAINA aínda quedan PRAZAS LIBRES.
Grazas a todos pola vosa confianza.
Manuel Bouza
miércoles, 25 de junio de 2014
viernes, 13 de junio de 2014
V
ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU
CONCURSO
DE FOTOGRAFÍA
Neste concurso poderán participar tódalas
persoas que o desexen e que estiveran inscritos no V Roteiro de San Bartolomeu.
Cada persoa poderá enviar, á mesma
dirección de correo electrónico utilizada para facer a inscrición, un máximo de dúas
fotografías cun título e o nome e apelidos do autor ou autora nun prazo máximo
de 15 días despois de celebrado o Roteiro.
Haberá tres premios e as fotografías
premiadas serán enviadas, canda o resumo fotográfico desta edición.
martes, 10 de junio de 2014
V ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU-MONFERO
PRESENTACIÓN
Preséntovos unha proba para
os amantes da natureza. Terá lugar o 9 de
agosto de 2014.
A beleza das paraxes foi o que me tentou para
organizala, ademais das miñas raíces na fermosa aldea de San Bartolomeu.
Poderedes vivir unha xornada de
deporte, de observación da paisaxe, de construcións
típicas, etc. Tentamos recuperar camiños vellos e o contacto directo coas
xentes dos lugares por onde pasamos.
Poderedes elixir entre
dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non haberá
clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON COMPETITIVA, ABERTAMENTE
POPULAR na que cada un tentará de superarse a el mesmo nun percorrido de baixa
montaña, pero de dificultade media no que tan só, aproximadamente 3 km son de pistas asfaltadas, os quilómetros restantes
transcorren por sendeiros e camiños de monte. A saída e chegada será na antiga
escola, no lugar da Torre .
A organización NON SE FARÁ
RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia a participación nesta
proba, iso si, axundarémosvos en todo momento.
Ao final da proba teredes
cadanseu recordo e cadansúa bolsa de picnic.
Tódalas condicións da
proba véñenvos de seguido.
Un saúdo e agardo vervos.
O Organizador
Manuel Bouza
REGULAMENTO
1.- Inscrición:
A participación será GRATUÍTA. Mandarase, preferentemente,
a ficha de inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com como data tope o 4 de agosto. No seu defecto,
mandarase un documento Word cos datos que aparecen na ficha.
Asemade, de maneira presencial,
poderase facer na tenda TRINITY (Detrás de Odeón-Narón)
Confirmarase a inscrición ao través
dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo
de inscrición abranguerá desde o 20 de xuño ata o 4 de agosto.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Máximo de participantes: 160
entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición. Sendo un máximo de 40
prazas para os corredores.
Só maiores de 18 anos.
Os menores terán que
participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.- Horarios:
Será preciso recoller o
dorsal ata media hora antes de cada proba.
Andaina.- 10 horas
Carreira.- 11 horas
Pecharase o control da
proba ás 14.30 horas.
Haberá un punto de control de paso que será obrigatoriamente
respectado polos participantes.
3.- Abandonos:
Aquelas persoas que
decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou
avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á
liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar nos
lugares indicados no traxecto coas letras A (km 4.8), B (km 7.2) ou C (km 8.2)
ou agardando pola persoa que pecha a andaina. Desde estes puntos voltaremos
directamente á liña de saída
4.- Avituallamento:
Haberá dous
puntos de avituallamento, un líquido con froita e outro só líquido. No primeiro
estará posto o control de paso obrigatorio.
5.- Recomendacións:
Aconséllase
levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos…
Unha gorra,
protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes
dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.
6.- Unha vez que
se chega á meta, despois de pasar
polo control de chegada, cada participante terá unha bolsa de picnic e un
recordo da proba.
7.- Haberá dous aparcamentos debidamente sinalizados.
Non aparcaremos ás beiras dos camiños.
PRÉGASE:
Non tirar lixo no percorrido da marcha.
Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
RESPETADE O MEDIO
Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o
presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral
que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal.
FICHA DE INSCRICIÓN
V ROTEIRO
DE SAN BARTOLOMEU
Nome……………………………………………………………………..
Apelidos………………………………………………………………….
Enderezo…………………………………..Poboación………………….
Data de nacemento………………………..
Teléfono………………………mail……………………………………..
Andaina.- Carreira.-
Poñede unha cruz na opción elixida para participar
Menor ao meu cargo Nome……………………………………………………………………… Apelidos……………………………………………………………………
Data de
nacemento…………………………………….
Declaro estar na condición física axeitada para
completar a proba, librando de calquera responsabilidade civil ou penal á
organización
|
Como chegar ?
1.- Desde o concello de As
Pontes.
Dirección A Capela.. Nas Neves,
en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha
vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas
curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.
2.- Desde Ferrolterra. (O
traxecto máis recomendable)
Chegar ata Pontedeume
3.- Desde autoestrada AP-9,
A-6
Ata Pontedeume. Aquí tomamos
dirección Monfero. A uns 12 km.
( Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa
de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a
San Bartolomé. (Aproximadamnete 6
km.)
4.- Pola N- 651
Dirección Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á
beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da
Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda ( casa de pedra no
cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a San Bartolomé.
( Aproximadamnete 6 km.)
Recomendacións
Para durmir
Hoteis en Pontedeume
Camping en Queixeiro (Lugar O
Redondo) a uns 3 km
da saída.
Casa Rural Piñeiro a 1 km da saída tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns 6
Km. tfn.981 793830
Suscribirse a:
Entradas (Atom)