viernes, 14 de junio de 2019
X ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU-Ficha de inscrición
https://www.dropbox.com/s/48uq8r1c5f91qpc/San%20Bartolom%C3%A9%20Folla%20inscrici%C3%B3n.doc?dl=0
X ROTEIRO DE SAN BARTOLOMEU
PRESENTACIÓN
Preséntovos unha proba para os
amantes da natureza. Terá lugar o 3 de agosto de 2019.
A beleza das
paraxes foi o que me tentou para organizala, ademais das miñas
raíces na fermosa aldea de San Bartolomeu.
Poderedes vivir
unha xornada de deporte, de observación da paisaxe, de construcións
típicas, etc. Tentamos recuperar camiños vellos e o contacto
directo coas xentes dos lugares por onde pasamos.
Poderedes elixir
entre dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non
haberá clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON
COMPETITIVA, ABERTAMENTE POPULAR na que cada un tentará de superarse
a el mesmo nun percorrido de baixa montaña, pero de dificultade
media no que tan só, aproximadamente 3 km son de pistas
asfaltadas, os quilómetros restantes transcorren por sendeiros e
camiños de monte. A saída e chegada será na antiga escola, no
lugar da Torre de San Bartolomeu .
A organización
NON SE FARÁ RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia
a participación nesta proba, iso si, axundarémosvos en todo
momento.
Ao final da proba
teredes cadanseu recordo e cadansúa bolsa de avituallamento.
Tódalas
condicións da proba véñenvos de seguido.
Un saúdo e agardo vervos.
O Organizador
Manuel Bouza
REGULAMENTO: 3 agosto 2019
1.- Inscrición:
A participación será
GRATUÍTA. Mandarase, preferentemente, a ficha de
inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico
andainasanbartolome@hotmail.com.. No seu defecto, mandarase un
documento Word cos datos que aparecen na ficha.
Confirmarase a
inscrición ao través dun correo electrónico persoal xunto co
número do dorsal.
O prazo de inscrición
abranguerá desde o 24 de xuño ata o
30de xullo.
NON SE
ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Máximo de
participantes: 200 entre as dúas disciplinas por orde estrita de
inscrición. Sendo un máximo de 60 prazas para os corredores.
Só
maiores de 18 anos.
Os menores
terán que participar con algún adulto, sendo este o seu
responsable.
2.- Horarios:
Será preciso recoller o
dorsal ata media hora antes de cada proba.
Andaina.- 9:30
horas. Distancias 17 km.
Carreira.- 10:30
horas
Pecharase o control
da proba ás 14 horas.
Haberá un punto de control
de paso que será obrigatoriamente respectado polos participantes, no
km.8.5
3.- Abandonos:
Aquelas
persoas que decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao
persoal da organización ou avisarán nos puntos de control para que
desde o punto base se tente levalos á liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar no
km4.8(avituallamento),km 7.2 (hai xente da Organización) ou km 8.5
(control de paso). Tamén se poderá agardar pola persoa que pecha a
andaina ou chamando directamente ao teléfono de urxencias da proba.
Desde os puntos nomeados con anterioridade, voltaremos directamente
á liña de saída
4.- Avituallamento:
Haberá dous puntos de
avituallamento, un líquido con froita (km.5) e outro líquido
(km.13) ademais do final.
5.- Recomendacións:
Aconséllase levar
teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos,
unha gorra, protección para o sol e calzado cómodo e usado.
Disporedes dun número
de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.
6.-
Unha vez que se
chega á meta,
despois de pasar polo control de chegada, cada participante terá un
agasallo da proba.
7.- Haberá dous
aparcadoiros debidamente sinalizados. Non aparcaremos ás beiras dos
camiños.
PRÉGASE:
Non tirar
lixo no percorrido da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de
control.
RESPETADE
O MEDIO
Nota.- Cada participante
acepta voluntariamente o presente regulamento, librando á
organización de calquera dano físico ou moral que se puidera
producir e de calquera responsabilidade civil ou penal. Polas
características do Roteiro NON HAI SEGURO.
Como chegar ?
Coordenadas: 43º24´05.9”
N 8º02´00.3” W
1.- Desde o concello de As
Pontes.
Dirección A
Capela.. Nas Neves, en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara
á central hidroeléctrica. Unha vez alí, subiremos unha pista de
montaña con bo asfaltado pero ollo coas curvas! Chegaremos a San
Bartolomeu.
2.- Desde Ferrolterra. (O
traxecto máis recomendable)
Chegar ata
Pontedeume
3.- Desde autoestrada AP-9,
A-6
Ata
Pontedeume. Aquí tomamos dirección Monfero. A uns 12 km. (Ponte da
Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro
á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de aquí,
seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete 6 km.)
4.- Pola N- 651
Dirección
Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á beira da estrada) en
Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km.
Atopámonos na Ponte da Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200
m. xiro á esquerda (casa de pedra no cruzamento). A partires de
aquí, seguiremos indicadores brancos do Roteiro. (Aproximadamnete 6
km.)
Recomendacións
Para durmir
Camping “Fragadeume”
(Lugar O Redondo) a uns 3 km da saída. Tfn.981195130
Casa Rural Piñeiro a 1 km da
saída tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns 6 Km.
tfn.981 793830
Suscribirse a:
Entradas (Atom)