PRESENTACIÓN
Preséntovos unha proba para
os amantes da natureza. Terá lugar o 8 de
agosto de 2015.
A beleza das paraxes foi o que me tentou para
organizala, ademais das miñas raíces na fermosa aldea de San Bartolomeu.
Poderedes vivir unha xornada de
deporte, de observación da paisaxe, de construcións
típicas, etc. Tentamos recuperar camiños vellos e o contacto directo coas
xentes dos lugares por onde pasamos.
Poderedes elixir entre
dúas modalidades: a andaina ou a carreira. Námbalas dúas non haberá
clasificacións nin trofeos xa que é unha proba NON COMPETITIVA, ABERTAMENTE
POPULAR na que cada un tentará de superarse a el mesmo nun percorrido de baixa
montaña, pero de dificultade media no que tan só, aproximadamente 3 km son de pistas asfaltadas, os quilómetros restantes
transcorren por sendeiros e camiños de monte. A saída e chegada será na antiga
escola, no lugar da Torre de San Bartolomeu .
A organización NON SE FARÁ
RESPONSABLE de calquera dano físico ou moral que traia a participación nesta
proba, iso si, axundarémosvos en todo momento.
Ao final da proba teredes
cadanseu recordo e cadansúa bolsa de picnic.
Tódalas condicións da
proba véñenvos de seguido.
Un saúdo e agardo vervos.
O Organizador
Manuel Bouza
REGULAMENTO
1.- Inscrición:
A participación será GRATUÍTA. Mandarase, preferentemente,
a ficha de inscrición debidamente cuberta á dirección de correo electrónico andainasanbartolome@hotmail.com como data tope o 2 de agosto. No seu defecto,
mandarase un documento Word cos datos que aparecen na ficha.
Asemade, de maneira presencial,
poderase facer na tenda TRINITY (Detrás de Odeón-Narón)
Confirmarase a inscrición ao través
dun correo electrónico persoal xunto co número do dorsal.
O prazo
de inscrición abranguerá desde o 20 de xuño ata o 2 de agosto.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS TELEFÓNICAS
Máximo de participantes: 160
entre as dúas disciplinas por orde estrita de inscrición. Sendo un máximo de 40
prazas para os corredores.
Só maiores de 18 anos.
Os menores terán que
participar con algún adulto, sendo este o seu responsable.
2.- Horarios:
Será preciso recoller o
dorsal ata media hora antes de cada proba.
Andaina.- 10 horas
Carreira.- 11 horas
Pecharase o control da
proba ás 14.30 horas.
Haberá un punto de control de paso que será obrigatoriamente
respectado polos participantes, no km.8.2.
3.- Abandonos:
Aquelas persoas que
decidan abandonar, dirixiranse, obrigatoriamente, ao persoal da organización ou
avisarán nos puntos de control para que desde o punto base se tente levalos á
liña de saída/meta.
Tamén se poderá abandonar no km4.8(avituallamento),km
7.2 (hai xente da Organización) ou km 8.2 (control de paso). Tamén se poderá
agardar pola persoa que pecha a andaina ou chamando directamente ao teléfono de
urxencias da proba. Desde os puntos nomeados con anterioridade, voltaremos directamente á liña de saída
4.- Avituallamento:
Haberá dous
puntos de avituallamento, un líquido con froita (km.5) e outro só líquido
(km.13).
5.- Recomendacións:
Aconséllase
levar teléfono móbil e unha mochila pequena con líquidos, alimentos, unha gorra, protección para o sol e calzado cómodo e
usado.
Disporedes
dun número de teléfono para solicitar axuda durante o percorrido.
6.- Unha vez que
se chega á meta, despois de pasar
polo control de chegada, cada participante terá unha bolsa de picnic e un
recordo da proba.
7.- Haberá dous aparcamentos debidamente sinalizados.
Non aparcaremos ás beiras dos camiños.
PRÉGASE:
Non tirar lixo no percorrido
da marcha. Haberá bolsas de lixo nos postos de control.
RESPETADE O MEDIO
Nota.- Cada participante acepta voluntariamente o
presente regulamento, librando á organización de calquera dano físico ou moral
que se puidera producir e de calquera responsabilidade civil ou penal.
Como chegar ?
Coordenadas: 43º24´05.9” N 8º02´00.3” W
1.- Desde o concello de As
Pontes.
Dirección A Capela.. Nas Neves,
en restaurante Toñita, xiramos á esquerda cara á central hidroeléctrica. Unha
vez alí, subiremos unha pista de montaña con bo asfaltado pero ollo coas
curvas! Chegaremos a San Bartolomeu.
2.- Desde Ferrolterra. (O
traxecto máis recomendable)
Chegar ata Pontedeume
3.- Desde autoestrada AP-9,
A-6
Ata Pontedeume. Aquí tomamos
dirección Monfero. A uns 12 km.
(Ponte da Pedra) un cruce no que seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa
de pedra no cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a
San Bartolomé. (Aproximadamnete 6
km.)
4.- Pola N- 651
Dirección Pontedeume. 3 km. antes (aserradoiro á
beira da estrada) en Campolongo, xiramos á dereita dirección Monfero. A uns 10 km. Atopámonos na Ponte da
Pedra. Seguimos dirección Monfero. A uns 200 m. xiro á esquerda (casa de pedra no
cruzamento). A partires de aquí, seguiremos indicadores verdes a San Bartolomé.
(Aproximadamnete 6 km.)
Recomendacións
Para durmir
Hoteis en Pontedeume
Camping “Fragadeume” (Lugar O
Redondo) a uns 3 km
da saída. Tfn.981195130
Casa Rural Piñeiro a 1 km da saída tfn. 665 921 012
Para xantar
Casa Capellán a uns 6
Km. tfn.981 793830
VI ROTEIRO
DE SAN BARTOLOMEU
Nome……………………………………………………………………..
Apelidos………………………………………………………………….
Enderezo…………………………………..Poboación………………….
Data de nacemento………………………..
Teléfono………………………mail……………………………………..
Andaina.- Carreira.-
Poñede unha cruz na opción elixida para participar
Menor ao meu cargo Nome……………………………………………………………………… Apelidos……………………………………………………………………
Data de
nacemento…………………………………….
Declaro estar na condición física axeitada para
completar a proba, librando de calquera responsabilidade civil ou penal á
organización
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario